Por Xaime Meilán xaime.novas@gmail.com

Luz Sanchis, que comeza o seu artigo coa referencia á promesa de Rajoy no seu discurso de investidura de que diría “sempre a verdade” e de que chamaría “ao pan, pan e ao viño, viño”, recolle todos os eufemismos e circunloquios empregados para non pronunciar as palabras malditas, aquelas precisamente que todos utilizamos para referirnos ao que vemos e coñecemos. Así non se pronuncia nunca a palabra rescate, que se substitúe por “liña de crédito” ou outras similares; os recortes son “deberes, axustes e reformas estruturais”; a recesión é un “crecemento negativo”; a suba de impostos é “un cambio na súa ponderación”; o euro por receita é un “ticket moderador”; a suba do IVE é un “gravame adicional”, a do IRPF, “un recargo temporal de solidariedade” e a amnistía fiscal, un “afloramento de bases impoñibles”.

Para este colectivo, fronte ao discurso oficial:
“Necesitamos
crecer y luego reducir el déficit. Se está haciendo lo contrario. Necesitamos
aumentar los ingresos públicos y recortar menos el gasto. La gestión del
saldo presupuestario vía disminución del gasto tiene efectos más recesivos
que el aumento de la presión fiscal directa.”
“El principal
problema de España no es la deuda pública, que es elevada pero todavía
controlable, sino la deuda privada. Los hogares y las empresas están
acometiendo un proceso necesario de desapalancamiento. Tratar de llevar a
cabo un proceso de consolidación fiscal en el momento más bajo del ciclo y
con el desapalancamiento privado sólo puede hacer que se hunda aun más la
actividad, que la reducción del déficit sea insuficiente y que el ratio deuda
pública/PIB aumente. La austeridad es un fracaso que se extiende a la sanidad,
educación, investigación, pensiones y prestaciones por desempleo. El año 2012
ha empezado a destruir nuestro estado de bienestar.”
En definitiva: “El problema no es la herencia recibida. El problema es que esa herencia, buena o mala, abundante o escasa, está siendo dilapidada.”
Todo Goberno é a expresión dos intereses dunha clase social ou, se se quer, dos intereses de determinados colectivos que necesitan, para ser aceptados pola maioría, revestirse como “intereses xerais” (“bueno para España”, que diría Rajoy). Neste labor xogan un papel determinante os medios de comunicación (xornais, radios, televisións), sostidos na súa maioría por grandes empresas periodísticas nas que figuran nos seus consellos de administración bancos, grupos financeiros… e que, en moitos casos, son debedores das axudas económicas a fondo perdido que conceden os gobernos. O acceso a estes medios está vedado a determinados partidos, sindicatos e grupos sociais e a selección ou o tratamento das noticias agacha aquelas que poden “levantar o veo” da ocultación da realidade. Pensemos en Gallardón cando aparece en numerosos medios para denunciar os intereses corporativistas que están detrás das críticas á súa xestión política, sen que os colectivos afectados poidan, en moitas ocasións, expoñer as súas opinións nestes medios. Un exemplo desta política informativa témola na “criminalización” do funcionariado (privilexiados, lacazáns… publicouse nalgúns medios) para xustificar ante a opinión pública os recortes posteriores ou, máis recentemente, as declaracións do presidente da Comunidade de Madrid de que os doentes teñen dereito a seren asistidos polos colectivos sanitarios en folga, folga que, segundo el, se fai tomándoos coma reféns para defenderen intereses, outra volta, corporativos, nun intento de enfrontalos cando, na realidade, o obxectivo das mobilizacións é a defensa dunha sanidade pública, universal e gratuíta fronte ao intento por parte do Goberno da Comunidade de Madrid de privatizar a súa xestión.
No entanto, existen espazos para a comunicación aínda non sometidos ao control dos gobernos e das grandes empresas e grupos de presión. Estou a falar das redes sociais: de Tuiter, de Facebook, dos blogs… Un tuit só permite 140 carácteres pero esas palabras poden ser suficientes para realizar unha convocatoria ou dar conta da ligazón a unha páxina web que, entón, pode ser coñecida ou consultada de forma inmediata por centos de miles de persoas.
Sorprende, pois, que sindicatos, partidos e demais organizacións sociais non fagan un uso intensivo destas ferramentas e sigan ancorados nos formatos tradicionais de comunicación: follas informativas, notas de prensa. Podo asegurar que a maior parte dos mozos non mercan xornais en papel, pero si consultan a diario o Tuiter, o Facebook ou outras redes sociais. A fenda dixital pode ser a causa de que algunhas cúpulas dirixentes non lle dean a importancia que teñen hoxe en día as redes sociais. Pois xa vai sendo hora de que deixen o fax e o sms e se poñan ao día.
|