Débedas históricas dos montes veciñais: foros vellos e desafiuzamentos novos.


12 dic 2012


Cando as populacions do medio rural lograron a recuperación dos montes veciñais (a partir da década dos 60 do século pasado) estes foron devoltos con débedas, que chaman incorrectamente historicas A veciñanza comuneira, para poder xestionar libremente os seus montes veciñais, ou ben tiveron que aboar esas débedas (pagar un foro), ou asinar un convenio coa Xefatura de Producción Forestal e pagarlle unha porcentaxe en cada corta de madeira (pagar rendas por algo que é seu).

Estas débedas, chamadas incorrectamente, históricas, son inxustas dado que proveñen de un roubo, de unha usurpación. Nos primeiros anos da dictadura franquista, os montes veciñais foronlle usurpados a veciñanza comuneira para entregarllos as Administracions Públicas (sobor de todo aos concellos). E certo que nos montes veciñais en mán común existen débedas. Mais, non son débedas das das populacions do medio rual hacia as Administracions Públicas.

Todo o contrario, son débedas das Administracions Públicas hacia o medio rural.

Cando os montes veciñais en mán común foronlle usurpados a veciñanza comuneira,  estes foron expulsados das suas terras comunitarias. Como consecuencia de esta expulsión, os aproveitamentos agro-gandeiros, foron prohibidos nestas terras. Os veciños e veciñas dos lugares, aldeas e parroquias, quedaron sen medio de vida e tiveron que emigrar a Europa ou as grandes cidades do Estado Español, quedando o rual despoboado e abandonado. Como consecuencia desta usurpación, os montes veciñais encheronse de especies de crecemento rápido en rexime de monocultivo e chegaron os lumes forestais coas consecuencias negativas tanto económicas como medioambientais para o Pais. Esta é a débeda real. A débeda que hai que cuantificar. A débeda que non teñen que pagar, senon cobrar as persoas que viven, traballan e xestionan o medio rural. 

O Partido Popular, en solitario e sen consenso social, ven de aprobar unha Lei de montes de Galiza. Por imposición de esta Lei, as comunidades de montes que,en catro anos, non paguen estas falsas débedas históricas, estan obrigadas a asinar un contrato de xestión con empresas privadas, e ao mesmo tempo, seguir pagando a débeda. A similitude cos desafiuzamentos e mais que equiparable. As comunidades de montes teñen que entregar as suas titularidades ao capital (como as persoas as suas vivendas aos bancos), e seguir pagando as falsas débedas (como as persoas teñen que seguir pagando as hipotecas).

Tanto os vellos foros de onte,  como os desafiuzamentos de oxe,  son unha inxustiza. E coas inxustizas hai que acabar.

Por Xose Alfredo Pereira Martinez

Publicado o 12/12/2012 en www.sermosgaliza.com

Enlace permanente: pica aquí