Desde a publicación
do RD 20/2012 de medidas para a estabilidade presupuestaria, CCOO reclamou ante
diferentes instancias, entre elas o Ministerio de Facenda, o pago da
compensación polo maior desconto sufrido no 2010 coa rebaixa salarial de
Zapatero
Foi o propio Ministerio de Facenda o que recoñeceu as reivindicacións
de CCOO e o seu ditamen propiciou a inclusión dunha
enmenda na Lei de Taxas nese sentido.
CCOO rexeita rotundamente a baixada de soldo incluida no RD 20/2012,
non obstante constrinxe a DXX ao
aboamento inmediato das cantidades das que xa vos informamos e reproducimos.
Xestión
Procesual: 7,14% - 5,42% = 1,72 % del salario anual (1,72% de 1.108,61 X 14
pagas =266,95 euros)
Tramitación Procesual: 7,14 % - 6,30 % = 0,84 % del salario
anual (0,84 % de 911,18 X 14 pagas = 107,15 euros)
Auxilio Xudicial : 7,14 % - 7,08 % = 0,06 % del salario anual
(0,06 % de 826,49 X 14 pagas = 6,94 euros)
Non entanto, o
Sector de Xustiza de CCOO, considera ilegal o desconto da paga extra efectuado
pola Xunta de Galicia, toda vez que a LOPX obriga ao seu pago e a día de hoxe isto
non se produciu, e polo tanto, no caso de non efectuarse o seu ingreso,
reservámonos o exercicio dos recursos legais oportunos.
Desde CCOO estamos absolutamente en contra do RD 20/2012 no que se
recolle a eliminiación da paga extra entre outros recurtes inxustificados e que
queren convertir ao funcionario no chivo expiatorio da crisis.
Esto non é óbice para esixirnos primeiro a través da reclamación ao
Ministerio de Facenda e posteriormente ao Ministerio de Xustiza a través (manda
carallo) da Lei de Taxas contra a que nos mobilizamos e continuamos
mobilizándonos, por ser inxusta, insolidaria e antidemocrática.