A Dirección Xeral pagará as cantidades debidas e recoñecidas na Lei de taxas na nómina de febreiro


28 ene 2013


Tras asegurar que faríao ao longo de xaneiro, confirma o retraso no pago debido a “problemas de intervención”. Agardamos que cumpra a legalidade e sexa o último adiamento. 

Desde a publicación do RD 20/2012 de medidas para a estabilidade presupuestaria, CCOO reclamou ante diferentes instancias, entre elas o Ministerio de Facenda, o pago da compensación polo maior desconto sufrido polos funcionarios de xustiza respecto ao resto de funcionarios da Administración xeral do Estado. 

O propio Ministerio de Facenda recoñeceu a lexitimidade das reivindicacións de CCOO, e o goberno viuse compelido a introducir na Lei de Taxas, a través dunha disposición final, o dereito ao cobro das devanditas compensacións. 

A precipitada Lei de Taxas tivo que aprazar a súa entrada en vigor e retrasarse o cobro das taxas por non dispor Facenda do modelo de autoliquidación. En cumprimento da legalidade, aceleráronse os trámites e ese modelo xa está funcionando e as taxas aboándose. Parece que a hora de recadar o Goberno é máis áxil e eficaz que cando lle toca pedir, xa que na mesma lei obriga aos pagos citados. Na nosa comunidade a responsabilidade é da Dirección Xeral, que unha vez máis da mostras de pouca dilixencia e capacidade no cumprimento das súas obrigas. 

Tras a insistencia de CCOO sector Xustiza e a esixencia de que unha vez por todas asuma as súas responsabilidades, a Dirección Xeral confirma que será na nómina de febreiro cando faga o pagamento das cantidades debidas, e que constan no seguinte cadro:

Xestión Procesual: 7,14% - 5,42% = 1,72 % del salario anual (1,72% de 1.108,61 X 14 pagas =266,95 euros)
Tramitación Procesual: 7,14 % - 6,30 % = 0,84 % del salario anual (0,84 % de 911,18 X 14 pagas = 107,15 euros)
Auxilio Xudicial : 7,14 % - 7,08 % = 0,06 % del salario anual (0,06 % de 826,49 X 14 pagas = 6,94 euros)