Publicadas as prazas desertas ás que poderán optar os aspirantes de xestión procesual en quenda libre


12 nov 2012



A Dirección Xeral de Xustiza aprobou unha resolución pola que fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Galicia que se lles ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda de acceso libre, convocadas pola Orde XUS/2370/2011, do 21 de xullo, do Ministerio de Xustiza.
Os interesados deben presentar as solicitudes de destino por rexistro e dirixilas a Dirección Xeral de Xustiza. O prazo abrirase o día que se inicie o curso selectivo e rematará o último día do curso. 
As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece no anexo II da resolución e debe relacionar todas as prazas segundo a preferencia e indicando o órgano xudicial, a localidade e a provincia. De non formular solicitude de prazas, ou se non lle corresponde ningunha das solicitadas, procederáse a destinar aos aspirantes con carácter forzoso.