Vigo. Charla-coloquio co candidato de AGE Juan Fajardo


16 oct 2012



"GRAZAS ós compañeiros dos xulgados de Vigo por haber asistido e intervido na charla-coloquio que Juan Fajardo, cabeza de lista por Pontevedra de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA, ofreceu onte as 13:00 horas no salón de actos do Colexio de Abogados de Vigo.
 
Gustounos ver como os compañeiros participaron, aclarando as súas dúbidas. Sabemos o esforzo que supón deixar as mesas de traballo.
 
Este luns escoitamos unha nova alternativa, o próximo mércores será o BNG, e o xoves será o PSOE,  seguimos pendentes de que o PP acepte a nosa invitación e se achegue, que coñezan a nosas inquedanzas e sobor de todo, a nosa preocupación polo servizo público.
 
Hai que deixar de pensar que nada serve para nada, todo serve para algo. Valoramos moito a perseverancia de tódolos traballadores de xustiza que facemos posible a nosa visibilidade, para ser escoitados en distintos campos e esferas.
 
ÁNIMO, NON CABE A RESIGNACIÓN!!"