Pistas de pádel: "servizos básicos para a poboación rural", segundo a Xunta


25 oct 2012



AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) vén de conceder as axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais galegas para este ano, cofinanciadas polos Fondos Europeos. Entre os 4,5 millóns de euros destinados a "servizos básicos para a economía e a poboación rural" co obxectivo teórico de "desenvolver os servizos básicos dos que carece o noso medio rural, a fomentar iniciativas económicas para evitar o abandono, fixar poboación e dar oportunidades aos seus habitantes" figura un investimento de 423.104,8€ para construir oito pistas de pádel noutros tantos concellos: Vilamarin, Forcarei, Mañón, Rodeiro, Santa Comba, Muros, Cabanas e Tui.
ADEGA acusa o Goberno galego de "converter o desenvolvemento rural sostible nun instrumento ao servizo da súa política clientelar"
ADEGA denuncia a "fraude das axudas europeas, supostamente adicadas ao desenvolvemento rural", que a Xunta "pretendía perpetrar através dun PDR cuxa tramitación destilaba escurantismo, clientelismo e mesmo chegaba a propoñer a privatización da redacción dos instrumentos de xestión dos espazos e paisaxes protexidas, poñéndoos nas mans de madeiristas e asociacións forestais privadas". A asociación acusa o Goberno galego de "converter o desenvolvemento rural sostible nun instrumento ao servizo da súa política clientelar", e os concellos de utilizalo "como caixa B" para realizar "rotondas, paseos marítimos, bairarrúas, coches de policía, piscinas climatizadas, cámpings, reposición do parquet de polideportivos, banda ancha para estacións de esquí... que eran presentadas como proxectos "sustentábeis" para o medio rural".
Entre os proxectos subvencionados tamén aparece unha pista de skate en Carral, á que se destinan máis de 60 mil euros
Entre os proxectos subvencionados tamén aparece unha pista de skate en Carral, á que se destinan máis de 60 mil euros, melloras nas pistas de tenis en Forcarei (22 mil euros) ou nos vestiarios de varios campos de fútbol, un custe que na Peroxa supera os 111 mil euros e en Rodeiro os 80 mil.
Publicado o 25/10/2012 en www.praza.com
Enlace permanente: pica aquí