O TSXG acepta os argumentos de CCOO e UGT e valida as manifestacións de hoxe


8 oct 2012



  • A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Burela, Lugo (concentración), Ourense, Pontevedra e Vigo (acto central) ás 20h, e Vilagarcía de Arousa ás 20:30h
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acepta os argumentos de CCOO e UGT e dá validez á convocatoria de manifestacións previstas para este serán en defensa da industria e contra os novos recortes económicos e sociais, recollidos no proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2013.
A sentenza do TSXG dálles a razón a CCOO e UGT, convocantes das marchas, e considera que a comunicación realizada polas subdelegacións do Goberno de Pontevedra e Ourense —motivadas por resolucións das respectivas xuntas electorais— denegando a autorización das manifestacións constitúen unha vulneración do dereito de reunión. Por este motivo, o alto tribunal galego anula as devanditas resolucións e permite que os sindicatos continúen adiante coas manifestacións.

Consulta aquí o texto completo da sentenza