Concurso de traslados e oferta prazas Secretarios P.I. 2011


8 oct 2012


O curso de Secretarios, Promoción interna, correspondente á OEP-2011, terminará o vindeiro 7 de novembro e, según a información facilitada polo Ministerio, as prazas que se lles ofertarán a estos aprobados estarán suxeitas aos criterios que, con carácter xeral, aprobou nunha Resolución o Secretario Xeral o pasado mes de xullo e que, pese a que CCOO elaborou unhas alegacións ao proxecto, no foron tidas en conta. (Pincha aquí para ve-la Resolución)

A concreción das prazas farase unha vez se publique a resolución do concurso de traslados de Secretarios que está pendente e que segundo o ministerio podería publicarse no BOE esta mesma semana, aíndaque non podía concreta-lo día, e que serán as prazas que queden vacantes ás que se lle aplicarán os criterios da mencionada Resolución.

Ademais, o ministerio calcula que a entrega de despachos pudera ser a primeiros de decembro polo que aqueles aprobados que estén traballando como Secretarios sustitutos da bolsa poderían reservarlle esa mesma praza para seguir nela tralo remate do curso en prácticas pero os que procedan directamente da praza de Xestión, deberán volver a o seu posto de xestor.

Respecto do CONCURSO DE TRASLADOS DOS CORPOS XERAIS, o Ministerio segue sin concretar datas de resolución definitiva do concurso, maís alá da xa coñecida por todos dunha posible resolución a finais do mes de outubro e publicación no BOE a principios de novembro.