| 
No día de onte
  as Centrais Sindicales da Axencia Tributaría (Facenda) de Vigo coa asistencia
  de máis dun centener de traballadores públicos, como continuación da rolda de
  asambleas para valora-las mobilizacións que se realizaron ata o momento e as
  que se poidan realizar de agora en diante se decidiu: 
A.- Valorar de
  maneira positiva as mobilizacións convocadas ata o momento, tanto polo
  seguimento de traballadores, como polo seguimento das mesmas polos medios de
  comunicación. 
B.- Continuar
  coas mobilización conxuntas cos traballadores de Administración de Xustiza de
  Vigo por considerar que a única forma de facer frente ós recortes actuais
  (Eliminación da Paga Extra, 50% reducción soldo dende o primeiro día de
  baixa, Eliminación de días de vacacións e días de asuntos particulares,
  Aprobación da Mobilidade Xeográfica dos Funcionarios Públicos, Perdida da
  Carreira Profesional) é continuar unidos nas mobilizacións. 
C.- A
  necesidade de trocar o tipo de mobilizacións para continuar coa repercusión
  de mediática 
Actual y para
  demostrar de maneira máis contundente a indignación cos recortes actuais. 
D.- Participar
  el próximo venres ás 12 horas, cos traballadores da Administración de
  Xustiza, os avogados, procuradores e cidadáns en Xeral na manifestaron que
  terá diante dos Xulgados de Vigo. 
Nesta
  manifestación ademais de levar as nosas consignas, camisetas, pancartas,
  pitos, megáfonos  contra os recortes,
  expresaremos a nosa oposición ao copago xudicial que os cidadáns sufriremos
  directamente nos nosos bolsillos e  os
  Funcionarios Públicos en particular pois se nos obriga a estar asistidos con
  avogado e procurador, cando o resto dos traballadores na xurisdicción social
  non están obrigados, e se nos poden imputar as costas en caso de sentenza
  desestimatoria, 
E.- Se decide
  que entre todos os traballadores se recollan os números de teléfono móbil
  para poder manter unha comunicación inmediata entre todos, para así poder
  organizar actos de protesta improvisados. 
F.- Tamén se
  decide crear unha conta de correo electrónico común a todos os traballadores
  para aportar ideas, suxerencias, propostas de mobilización. | 
A MOBILIZACIÓN TEN OS SEUS RESULTADOS, O POBO PORTUGUÉS OBRIGOU AO GOBERNO A
RECTIFICAR NO SEU INTENTO DE REDUCIR O SOLDO UN 7%
A NON
MOBILIZACIÓN TAMÉN TEN OS SEUS EFECTOS, AS BAIXADAS DE SOLDO E OS RECORTES EN
XERAL
| 
 LOITA POLOS 
  TEUS DEREITOS, NON CAIAS NA RESIGNACIÓN E MOITO MENOS NA MEDIOCRIDADE | 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
