Aclaración sobre as substitucións verticais


11 sept 2012


Algunhas persoas semellan querer facerlle a campaña electoral á Xunta de Galicia ao partido do goberno, a pesares de todos os recortes que sufrimos ao longo de todos estes meses. 

Non é certo que a Xunta de Galicia pague de oficio as cantidades das sustitucións, o certo que se avén a recoñecer parcialmente a reclamación previa realizada por CC.OO. 

Ante a información remitida aos centros de traballo que dicía literalmente: “Puestos en contacto con la Dirección nos comunica que se está procediendo de OFICIO al abono de las retribuciones de las sustituciones realizadas y no retribuidas durante el pasado mes de mayo y hasta la fecha de la publicación de la resolución que modifica la orden de sustituciones el 4 de julio de 2012” queremos facer varias aclaracións: 

A.- A Dirección Xeral non paga de OFICIO nada de nada, simplemente está acatando a reclamación previa posta a disposición dos traballadores por CC.OO. 

B.- As cantidades aboadas corresponden á diferenza de soldo base entre Corpos. Cantidades que se deixaron de cobrar a partir do día 4 de xullo, data da publicación de maneira UNILATERAL por parte da BONDADOSA Dirección Xeral, da modificación da Orde de Substitucións. 

C.- A Dirección Xeral contestou a todos os traballadores que presentaron a reclamación previa o seguinte: “Polo exposto, RESOLVO acordar o pagamento das cantidades deixadas de percibir polos servizos prestados en substitución vertical ata a data de publicación no DOG da resolución do 31 de maio de 2012, ou ata a data do cesamento sempre que fora anterior a data da publicación”. 

D.- Dende CC.OO aconsellamos a todos os traballadores que presenten a reclamación previa para garantir o cobro de todas as cantidades adebedadas na próxima nómina. A EXPERIENCIA FAINOS DESCONFIAR DA “BOA FE” da Dirección Xeral de Xustiza, a mesma que converteu a Galicia na única comunidade do Estado que non cobra o 100% das substitucións verticais. 

E.- A presentación da reclamación previa permite ao traballador continuar coa vía administrativa e posteriormente coa xudicial contra a discriminación que supón a modificación de xeito UNILATERAL da lexislación sobre substitucións.

A RESIGNACION NON É UNHA OPCIÓN

ACABEMOS CON ESTE ATROPELLO