Publicada no BOE de hoxe a Orde que resolve o Concurso de Traslados


3 ago 2012



No BOE de hoxe, 3 de agosto, publícase a Orde do Ministerio de Xustiza pola que se resolve provisionalmente un concurso de traslados no que os listados de excluidos e anexos III NO FORON PUBLICADOS, pois o ministerio de Xustiza anunciou a súa retirada e a próxima publicación dos listados de adxudicacións o LUNS 6 DE AGOSTO, data na que tamén publicaría a Orden no BOE, aínda que hoxe nos atopamos con esta publicación. 

Postos en contacto co Ministerio asegurános que foi un erro do BOE pois xa lle avisaron que tíña que publicala o luns e a solicitude de CCOO de que o luns, unha vez publicadas as relacións de excluidos e as adxudicacións  na páxina web do ministerio, comenzara o prazo para reclamacións, o Ministerio rechazou esta solicitude alegando que hai prazo mais que suficiente ata o 15 de setembro para presenta-las reclamacións, unha vez que os interesados comproben a través do Anexo III  (introducindo o NIF no recadro que se publicará o luns na páxina web) os destinos adxudicados.

Ademais, o ministerio confirmou que a retirada dos listados de adxudicacións publicada o día 31 de agosto se  debeu fundamentalmente a un problema informático ao volca-los datos das instancias confeccionadas por internet e que están resolvendo. Pero a pesar da nova resolución seguro que seguirán existindo errores, sobre todo aqueles que reingresan nun corpo sin antigüidade algunha, pois hai moitos casos que apareceron excluidos por non ter la antigüidade necesaria de dous anos como mínimo para concursar, e que terán que reclamalo individualmente se siguen aparecendo excluidos. 

A Orde que se publica hoxe, co enlace que vos acompañamos é polo tanto, según o Ministerio, válida e nela disponse que o prazo para reclamar comenza a partir de mañá e ata o 15 de septembro (sábado), así como os números de faxes do ministerio onde remiti-lo modelo de alegacións (anexo IV) e a documentación que deba acompañarse, dirixido á atención de "Concursos-Despacho 220", aos nº: 91-3904295, 91-3902394, 91-3904279, 91-3904250, 91-3902076

MINISTERIO DE JUSTICIA
Cuerpos y escalas de Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la Administración de Justicia
  • Orden JUS/1722/2012, de 23 de julio, por la que se aprueba la relación de excluidos y se anuncian los lugares donde están a disposición de los interesados los anexos III del concurso de traslado convocado para cubrir plazas entre funcionarios de los Cuerpos y Escalas de Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la Administración de Justicia.