No día de hoxe, o Sector de Xustiza de CCOO ven de solicita-la
CONVOCATORIA URXENTE DA MESA SECTORIAL, mediante a presentación da seguinte
carta
SR DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA
PRAZA DE EUROPA Nº 5-A 4º
SANTIAGO DE COMPOSTELA
O pasado 14 de xullo, coincidindo co
aniversario da Revolución Francesa, aquela da “liberdade, fraternidade e igualdade”, publicouse no BOE o Real
Decreto Lei 20/2012 polo que se consagra a Revolución Neoliberal, “sumisión, hostilidade e cacicada”.
Neste R.D Lei se criminaliza,
unha vez máis, aos funcionarios públicos como responsables de todos os males do
país, todo elo mentras os banqueiros, algún da nosa terra, outros
ex-ministros, etc foron e siguen sendo indemnizados con diñeiro de todos
os cidadáns, ese que xenera débeda pública, especialmente dos funcionarios
públicos que temos o 100% da nosa nómina fiscalizada por Facenda.
Entre os delitos dos que se nos acusan
está cobrar 2 pagas extras, ter días de asuntos particulares, días
adicionais de vacacións por la antigüidade na Administración, por ter axudas
para pagar o noso propio sepelio, etc. todo elo sin ter en conta o Goberno do
Sr. Rajoy que foi negociado cos representantes dos traballadores e non roubado, ¡¡se cadra sexa ese o problema!!.
Se todo o anterior non fora abondo, agora nos
atopamos con que a Xunta de Galicia “non ten nin idea” de cómo se vai levar a
cabo a deducción da paga extra de decembro.
Por todo o anterior esiximos, que convoque de
xeito urxente a Mesa Sectorial para explica-lo método que se vai utilizar para detrae-la paga extra aos
funcionarios da Administración de Xustiza.
Dende CC.OO xa propusimos o pasado día 31 de xullo
por carta o seguinte:
“solicitamos que, se ben a
fórmula legal e técnica que se empregue sexa a do prorrateo da paga extraordinaria
e detracción mensual (eufemismo para calificar unha baixada de solldo), na
práctica, a través da figura do anticipo da nómina extraordinaria, se lle dé a opción ao traballador de
percibir as mensualidades correntes no modo en que o viña facendo e non se
perciba a paga de nadal, para así equipararnos ao resto do sector público e
que o impacto da aplicación do R. D. Lei, ao que amosamos o noso rexeitamento máis
contundente e contra o que nos mobilizaremos ata a reparación do dano causado,
sexa menor, opción que cremos que está dentro da capacidade discrecional e que a
súa inaplicación sería un ataque máis aos funcionarios que dependen desa
Dirección Xeral.”
Os recortes que levamos sufrido nestes 2 últimos
anos, máis do 30% do poder adquisitivo, entendemos que son motivos máis que suficientes para esixi-la
convocatoria da Mesa Sectorial, pero é a intranquilidade de moitas familias
para paga-las hipotecas, os gastos diarios, os libros de texto, os colexios, a
futura subida do IVE, etc a que nos obriga a esixirlle a Mesa de Negociación e a vostede asumi-la nosa esixencia.
Galicia, 3 de agosto de 2112
Fdo. Pablo Valeiras Ríos