Tra-la presentación dun escrito de reclamación previa a iniciativa de CCOO, dirixido á Dirección Xeral de Xustiza, por parte dun gran número de compañeiros que están realizando substitucións verticais, solicitando o abono das cantidades deixadas de percibir, das cantidades futuras e os xuros devengados que igualen o seu salario aos compañeiros do corpo ao que sustituen, o Sector de Xustiza de CCOO distribuiu nas localidades onde ten delegados un escrito de adhesión e solidaridade ao resto de compañeiros que, aínda que non están neste momento realizando substitucións verticais, poden verse algún día na mesma situación ou, simplemente, consideran inxusto o trato discriminatorio.
A día de hoxe son mais de 300 as adhesiones enviadas á Dirección Xeral, lamentablemente non podemos chegar a todos as vilas e cidades; por elo poñemos á vosa disposición neste enlace (pincha aquí) o documento de adhesión que vos animamos a cubrir e enviar ao número de fax que figura no seu encabezado.
O Sector de Xustiza de CCOO considera que esta situación é insostible no tempo e a través das reclamacións e adhesiones pretende:
1.- Forzar á Dirección Xeral a axiliza-las negociacións ou os trámites que considere oportunos para integra-las devanditas cantidades no CAT. O cumprimento do auto do TSXG que impide abona-la diferenza de soldo é un asunto interno da Xunta de Galicia, que deixou de recurrir intencionadamente, e que agora debe solventar para non apartarse da legalidade imposta poa Directiva 1990/70/CE de aplicación directa no noso Estado.
2.- Deixar aberta a vía de acudir aos tribunais por medio dun recurso contencioso-administrativo. Un proceso que pode ser longo, ata dun ano, entre a interposición do escrito, o recurso de alzada, o posible silenzo administrativo e a presentación ante o Xulgado do recurso contencioso administrativo, proceso que esperamos non esgotar porque a Dirección Xeral dé marcha atrás e abone esas diferenzas antes da terminación do mesmo, para non despilfarrar diñeiro público en gastos litixiosos, xuros e custas e ante o clamor de todos os traballadores. No caso contrario os traballadores estarán perfectamente lexitimados para reclamar o que por dereito lles corresponde, como se lles explicou detalladamente.
Non é momento de ser agoreiros nin facerlle o traballo á Dirección Xeral; creemos necesario deixar atrás política do medo e a demagoxia para loitar contra unha administración, que a base de promesas incumpridas, boas palabras apoiadas no engano e diferentes excusas de mal pagador, non abona o mesmo soldo polo mesmo traballo, unha situación que parece vaise a prolongar no tempo, a non ser que a presión de todos os traballadores gaga recapacitar ao Director Xeral e dé marcha atrás na súa nova política de imposición, volvendo á senda da negociación e o respecto polos funcionarios de xustiza.
Carta ao Director Xeral: pincha aquí