Novas: Concurso de Traslados - Procesos Selectivos, Tramitación P.I.


23 jul 2012


CONCURSO DE TRASLADOS

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADO CONVOCADO NO BOE DE 24 DE MAIO DE 2012 

Segundo o ministerio de Xustiza a adxudicación provisional do concurso de traslado realizarase nos vindeiros días, e antes de finais do mes de xullo.

O prazo de alegacións comenzará inmediatamente se publique a devandita adxudicación provisional, e rematará o 15 de setembro, segundo a información do ministerio de Xustiza.

PROCESOS SELECTIVOS

ÚLTIMA INFORMACIÓN SOBRE AS DATAS DE PUBLICACIÓN NO BOE DA TOMA DE POSESIÓN DE PROMOCIÓN INTERNA DE TRAMITACIÓN:

O Ministerio de xustiza cambia de criterio e segundo a súa información de última hora, no BOE de 31 de xullo de 2012 publicarase a adxudicación dos destinos de Tramitación promoción interna.

Segundo esas mesmas fontes, o prazo para a toma de posesión será de vinte días naturais, contados a partir di seguinte ao da publicación no BOE. Por tanto, si ese criterio se manten polo ministerio de Xustiza, os funcionarios de Auxilio Xudicial que superaron o proceso selectivo para acceder ao corpo de Tramitación polo turno de promoción interna, deberían tomar posesión nos primeiros 20 días do mes de agosto, algo totalmente inaceptable porque estes compañeiros, na súa inmensa maioría, xa teñen previstas, e concedidas, a súas vacacións, unha gran parte de eles no mes de agosto.