Escrito solicitando a celebración dos cursos de galego para funcionarios destinados fóra de Galicia


22 jun 2012



A continuación reproducimos unha escrito realizado por unha compañeira para que o envíen á EGAP todos aqueles aos que lle perxudicara a suspensión dos cursos de galego.

O nº de fax ao que se debe envía-lo escrito é:

Fax rexistro: 9815 46330
Fax curso: 9815 46339


Escrito D/Dª.…………………………. con DNI …………. titular do corpo de……. Procesual e Administrativa con destino en...................., con domicilio a efectos de notificación en…………………, e con número de contacto……………

EXPOÑO o seguinte:

1. Formo parte dun Corpo de funcionarios de ámbito estatal, e nestes momentos atópome destinado fóra de Galicia, a miña Comunidade de orixe.

2. Para obter un destino en Galicia é preciso acudir ó concurso de traslados. Segundo o establecido na Resolución do 30 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados, a valoración de méritos para adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valorar a antigüidade (artigo 48.1.a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), e o coñecemento da lingua oficial propia das Comunidades Autónomas, segundo o establecido no punto b) do mesmo artigo, polo que non se ten en conta ningún outro mérito.

3. Seguindo a oferta realizada pola EGAP, matriculeime no Curso de Superior Linguaxe Xurídica Galega (FX12012), que se desenvolvería do 17 de setembro ao 24 de novembro na modalidade de teleformación, cumprindo todos los requisitos esixidos.

 4. O 19 de xuño de 2012 recibín un correo electrónico no que se me comunicou que por Resolución do 13 de xuño de 2012 da Dirección da Escola Galega de Administración Pública, e como consecuencia da diminución nas transferencias de financiamento á Comunidade Autónoma de Galicia en concepto de formación para o emprego nas administracións públicas e de acordo coa política orzamentaria, que implica o necesario equilibrio entre ingresos e gastos, resulta obrigatorio nestes momentos efectuar un axuste nos créditos asignados inicialmente á Escola Galega de Administración Pública, polo que procédese a anular o curso.

5. A páxina web da EGAP oferta estes días numerosos cursos, incluindo sete edicións do curso de linguaxe administrativa galega (catro do nivel medio e tres do superior), e outros moitos para os que si se dispuña de medios económicos suficientes, pero que foron anulados pola falta de demanda que cubra un número mínimo de prazas.

 6. A suspensión dos cursos, para os que xa existía convocatoria, programa de estudios, titores encargados, datas de celebración e gran demanda, prívame a min e a todos os que superamos o curso medio da posibilidade de acadar a puntuación fixada polo coñecemento da lengua da miña Comunidade, e impide que complete a miña formación da Linguaxe Xurídica Galega, colocándome nunha situación de desigualdade respecto os compañeiros que acadaron a titulación en anos anteriores, limitando ou en moitos casos incluso eliminando calquera posibilidade de regresar a Galicia en anos.

En base á seguinte REGULACIÓN:

 1. A Resolucion de 13 de xuño 2012 da Direccion da EGAP procedeu a anular o Cursos Superior de Linguaxe Xuriídica galega (FX12012, T01 e T02) alegando que “como consecuencia da diminución nas transferencias de financiamento á Comunidade Autónoma de Galicia en concepto de formación para o emprego nas administracións públicas e de acordo coa política orzamentaria, que implica o necesario equilibrio entre ingresos e gastos, resulta obrigatorio nestes momentos efectuar un axuste nos créditos asignados inicialmente á Escola Galega de Administración Pública, polo que procédese a anular o curso”.

 2. O apartado 5 do artigo 3 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creacion da EGAP, dispón que é fin da EGAP: “a difusión e normalización do idioma galego na Administración Publica, a capacitacion lingüística do persoal e a participación na fixación da linguaxe técnica, administrativa e xurídica galega”.
3. O artigo 495 da Lei Organica do Poder Xudicial dispón que os funcionarios de carreira teñen os seguintes dereitos profesionais (…) “recibir pola Administración a formación necesaria, inicial e continuada, co fin de mellorar as suas capacidades profesionais de forma que lles permita unha mellor e máis pronta adaptación ós seus postos de traballo e posibilite a sua promoción profesional”. E o artigo 531 establece que a provisión de postos xenéricos vacantes efectuarase mediante concursos de traslados.

 4. O RD 1451/2005 de 7 de decembro (Regramento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ó servicio da Administración de Xustiza) sinala no artigo 44 que “o Ministerio de Xustiza e os órganos competentes das Comunidades Autonomas con traspasos recibidos convocarán, dentro do primeiro trimestre de cada ano natural e na mesma data, concurso de ámbito estatal para a provisión de postos de traballo vacantes en todo o territorio do Estado (…)”. A continuación, o artigo 45 di que “a provisión de postos xenericos vacantes efectuarase mediante concursos de traslados” e a valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo faranse da seguinte forma (artigo 48):

a. Antigüidade: polos servicios efectivos no corpo outorgaranse dous puntos por cada ano completo de servizos (…).

b. Nas convocatorias para postos de traballo xenéricos das Comunidades Autónomas que conten con lingua propia de carácter oficial, valorarase como merito o seu coñecemento oral e escrito, ata un máximo de 12 puntos, segundo o nivel de coñecementos acreditados mediante as oportunas certificacións (…).

 5. A Resolución do 30 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados, establece na súa base terceira os Baremos.

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valorar a antigüidade (artigo 48.1.a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro) e o coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas, segundo o establecido no punto b) do mesmo artigo.

a. Antigüidade. Polos servizos efectivos prestados como funcionario de carreira no corpo ou escala para o que participa outorgaranse dous puntos por cada ano completo de servizos, computándose proporcionalmente os períodos inferiores.

b. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma. Nas prazas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia o coñecemento oral e escrito da lingua galega debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma, ou homologación do título achegado e do nivel a que corresponda o título, supón o recoñecemento, só para estes efectos, de ata doce puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado, nos termos seguintes:

1) Certificado Celga 4 ou similar: catro puntos.
2) Curso medio de linguaxe xurídica galega: oito puntos.
3) Curso superior de linguaxe xurídica galega: doce puntos.

Por todo o exposto, atendendo o desexo dos funcionarios galegos dos Corpos Xerais do Ministerio de Xustiza destinados fóra de Galicia de formarse na lingua da súa Comunidade, e poder volver e integrarse na Administración Pública galega,

SOLICITO

Que o axuste dos créditos asignados inicialmente á EGAP teña en conta os prexuízos que me causa a anulación dos cursos convocados, que atenta contra ó meu dereito profesional a recibir a formación adecuada e a posibilidade de concursar en igualdade de condicións, que se oferten novamente os cursos anulados ou se me ofreza a posibilidade de participar nun dos cursos de Linguaxe Galega convocados telemáticamente ou de próxima convocatoria para outros corpos ou Administracións.


Firma


En……………………., a…….de……….de….


Descarga (formato PDF): Preme aquí