Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares


9 abr 2012



Logotipo Xunta de Galicia


Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data 9 de abril de 2012.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento avisos de desocupación.



AVISOS

Substitucións verticais:

o Punto quinto da Resolución do 07/05/08 do DXX – DOG 15/05/08
o Anticipar por fax: num. 981 54 62 22
o Modelo: Anexo II

SEN PUBLICACIÓNS



Substitucións horizontais:

o Punto sexto da Resolución do 07/05/08 do DXX – DOG 15/05/08
o Anticipar por fax: num. 981 54 62 22
o Modelo: Anexo II

PONTEVEDRA

XDO. DO PENAL N1 - PONTEVEDRA
Corpo : Tramitación Procesual e Administrativa
Prazo: 9,10 e 11 de abril.