Mesa de saúde laboral


12 abr 2012



CCOO de Xustiza


No día de onte convocáronnos a todos os sindicatos con representación na mesa sectorial (CCOO, UGT, CIG, CSIF, SPJ-USO) para a constitución da mesa de saúde laboral, na que as reunións deberan ser cada tres meses pero que dende setembro de 2009 non se volvera a constituir, comprometéndose a Dirección Xeral, a petición de CCOO, á convocatoria de reunións periódicas a partires deste momento.

Acordouse poñer novamente en marcha, xa se fixera no año 2009-2010, a creación dos grupos de acción para a posta en marcha dos plans de emerxencia nos edificios xudiciais, coa intención de empezar este ano nos edificio xudiciais de Lugo, Ferrol e probablemente Ourense. Os técnicos do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, comprometéronse a establecer coa maior brevidade o calendario de cursos e actuacións.

Igualmente quedou pendente a aportacion por parte deste Servizo do calendario para a práctica das Avaliacións de Riescos Laborais nos distintos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma.

Así mesmo está previsto que a finais deste mes se publiquen na intranet as solicitudes, ao igual que en anos anteriores, para a realización das revisións médicas para os traballadores.