Formación. Nota informativa da reunión celebrada o 11/04/2012


12 abr 2012



Nota informativa de CCOO de Xustiza


CCOO de Xustiza


Onte, día 11 de abril, a DXX convocounos a todas as centrais sindicais na sede da EGAP, en Santiago de Compostela, a unha Comisión de Formación, para presentar o novo plan de formación para este ano 2012.

Os orzamentos para a formación do ano 2012 son moito mais reducidos, polo que se optou por manter aqueles cursos que tiveron unha demanda máis alta nos anos anteriores.

A EGAP presentounos o seguinte programa de formación 2012 con catro áreas diferenciadas:

1º) formación e perfeccionamento para o posto de traballo,

2º) formación e perfeccionamento en tecnoloxías da información,

3º) itinerarios formativos e, 

4º) comunicación, relación social e técnicas de organización.


Cursos de formacion 2012


O máis novedoso desta proposta formativa do 2012 é o inicio dos itinerarios formativos tan demandados por todas as centrais sindicais e que comezarán neste ano co módulo 1º da xurisdicción social. Segundo explicou a DXX estes itinerarios van ser por materias e non por niveis.

Outra das novedades introducidas neste novo plan formativo é a preparación a cargo da axencia galega de comunicación das “Comunidades virtuales de aprendizaxe” co obxectivo de fomentar o uso das novas tecnoloxías e poder intercambiar a formación e información entre os usuarios. A DXX explícanos que parten da idea de facer un espacio na intranet que sexa participativo, a base de foros, grupos de coordinación, videoconferencias……. Neste momento estase traballando no seus contidos e tamén na documentación que se vai colgar. Esta comunidade virtual estará conducida por tres usuarios avanzados, funcionarios da administación de xustiza, con amplos coñecementos procesais é informáticos que serán os encargados de responder a todas aquelas consultas formuladas polos usuarios. Fixarase unha franxa de tempo determinada no día para a tutorización e resolución das consultas e dúbidas, co fin de que poidan ser respondidas o máis axiña posible. A idea da DXX é que esta Comunidad vitual se presente sobre o mes de xullo e que a partir do mes de setembro xa esté operativa.

Dende CCOO criticouse a non introducción neste plan de formación 2012 da formación de acollida, que xa se desevolve con éxito noutras Comunidades, e que foi inicialmente reclamada por CCOO nas anteriores mesas de traballo; a DXX rexeitou esta proposta manifestando que non ten cabida ao introducila “comunidade virtual”

Dende CCOO seguiremos reiterando a necesidade do establecemento desta formación de acollida, por considerala fundamental para atender as necesidades formativas de todos aqueles funcionarios, tanto titulares como interinos que accedan a un novo posto de traballo que leve implicado un cambio de xurisdicción e requiran unhos coñecementos básicos dese orden xurisdiccional asi coma coñecementos dunha determinada aplicación informática.

A DXX tamén manterá a formación Minerva ata o mes de xuño, para todos aqueles funcionarios que así o demanden.

A relación definitiva dos cursos presentados no día de hoxe e a súa convocatoria publícarase definitivamente no prazo aproximado dun mes

A convocatoria dos cursos de galego para os funcionarios que se atopan fóra da nosa Comunidade sairá publicada no prazo dunha semana.