CCOO e UGT convocan mobilizacións para o día 29 en defensa da educación e a sanidade públicas


23 abr 2012



CCOO e UGT convocan para o día 29 mobilizacións en toda Galicia en defensa da educación e a sanidade públicas.


Manifestaciones 29 abril


- A CORUÑA: Manifestación ás 12 horas. Saída da praza da Palloza e remate na praza do Obelisco.

- FERROL: Manifestación ás 12 horas. Saída da praza do Inferniño e remate na praza de Armas.

- SANTIAGO DE COMPOSTELA: Manifestación ás 12 horas. Saída da Alameda e remate na praza das Praterías.

- LUGO: Manifestación ás 12:30 horas. Saída do edificio sindical (rolda da Muralla) e remate na Subdelegación do Goberno.

- BURELA: Concentración ás 12:30 horas na praza do Concello.

- OURENSE: Manifestación ás 12 horas. Saída do Pavillón dos Remedios e remate diante da Subdelegación do Goberno.

- PONTEVEDRA: Manifestación ás 12 horas. Saída da praza da Ferrería e remate na Subdelegación do Goberno.

- VILAGARCÍA DE AROUSA: Manifestación ás 12 horas. Saída da avenida da Mariña e remate na praza da Ravella.

- VIGO: Manifestación ás 12 horas. Saída do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz e remate diante do edificio administrativo da Xunta.