Festas laborais de carácter local para o ano 2012. Corrección de erros


27 dic 2011


No Diario Oficial de Galicia número 246, do 27 de decembro de 2011, publícase a corrección de erros da Resolución do 27 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2012, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.






Texto

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 214, do 9 de novembro de 2011, é necesario facer as seguintes correccións:

No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 32730, onde di: «12. Cerdedo: 13 de xuño, Santo Antón; 31 de xullo, Luns de Ecce Homo», debe dicir: «12. Cerdedo: 13 de xuño, Santo Antón; 30 de xullo, Luns de Ecce Homo».

No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 32731, onde di: «31. Mondariz: 21 de maio, Virxe da Franqueira; 16 de agosto, San Roque», debe dicir: «31. Mondariz: 28 de maio, Virxe da Franqueira; 16 de agosto, San Roque».

No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 32731, onde di: «32. Mondariz-Balneario: 21 de maio, peregrinación ao Santuario da Franqueira; 16 de xullo, Nosa Señora do Carme», debe dicir: «32. Mondariz-Balneario: 28 de maio, peregrinación ao Santuario da Franqueira; 16 de xullo, Nosa Señora do Carme».