CCOO considera un ataque brutal sen precedentes as medidas presentadas pola Generalitat na Mesa da Función Pública


30 nov 2011


Indignación e rexeitamento a unhas medidas que supoñen un agresión sen precedentes aos empregados públicos

30-11-2011. CCOO de Cataluña considera unha agresión sen precedentes as medidas presentadas polo Goberno da Generalitat esta mañá na Mesa Xeral de Negociación dos empre-gados da Generalitat.

Esta proposta comporta recortes nas condicións salariais, laborais e sociais do persoal da administración catalá, que poden facerlles retroceder 30 anos atrás. As medidas poderían comportar, tamén recortes dos cadros de persoal, coa finalización de contratas do persoal interino e temporal, que no conxunto da administración representa o 25-30%.

CCOO considera estas formulacións como un ataque á negociación colectiva, xa que pretenden abolir acordos tomados na mesa de negociación nos últimos anos.
O sindicato quere recordar tamén que chove sobre mollado neste tema: os sucesivos recortes e conxelacións salariais significan unha perda acumulada do poder adquisitivo dos traballadores da administración catalá que pode chegar nalgúns casos ao 20%. Estes recortes, ademais, nin serviron para reactivar a economía nin para crear ocupación.

Así mesmo, CCOO esixe ao Goberno a concreción e cuantificación das medidas formuladas hoxe para poder facer, de xeito unitario co resto de sindicatos presentes na Mesa, unha valoración esmerada das consecuencias destas propostas. Mañá, ás 11 h, volverase reunir a Mesa da Función Pública.


Cliquear para ver:

-o vídeo da concentración da Área Pública, con declaracións de Josefina Pujol, coordinadora da Área Pública de CCOO de Cataluña, o 30 de novembro de 2011