Acción social. Tramitación das listaxes definitivas


30 nov 2011





En relación coa reunión da comisión de acción social, celebrada hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza comunicounos o seguinte:


Acción social

Os documentos contables están xa na intervención para a súa fiscalización. Unha vez que nolos remitan fiscalizados, as listaxes definitivas coas contías a repartir mandaranse ás Organizacións Sindicais por correo electrónico (referidas aos programas I e II) antes da súa publicación no DOG.

Paralelamente, darase aviso ao CIXTEC para que xeren os arquivos coas contías para o seu envío ás entidades bancarias para que se realice o pagamento (estes arquivos xa os están preparando para que no momento en que a intervención nos mande os documentos contables o proceso sexa case inmediato).

Recordarvos que no DOG sae o anuncio da publicación das listaxes e o lugar para consultalas.