Formación. Acción Social. Atrasos 4º punto nos SCNE


11 oct 2011


Nota informativa de CCOO de Xustiza




A mesa de formación celebrada no día de onte luns, suspendeuse porque tanto a Dirección Xeral como a EGAP non tiñan datos con respecto ao presuposto de formación previsto para o ano 2012 nin sabían o custo dos cursos que se poderían ofertar.


Acción Social

A pesar da suspensión da mesa, informóusenos que o pago dos atrasos do 4º punto que aínda se lles debe aos funcionarios do SCN faríase efectivo este mes ou o vindeiro mes de novembro.


Atrasos do 4º punto nos SCNE

Tamén se nos comunicou que as listaxes provisionais de Acción Social, se publicarán na segunda quincena de outubro.


Pospostas de CCOO en materia de formación

A pesar da suspensión da mesa CC.OO. fixo entre outras unha serie de propostas para os cursos do ano 2012:

Cursos en xeral:

Débese publicar a lista provisional de admitidos e excluídos, dando 10 días para reclamacións a corrección de erros.

Os interinos das bolsas de reserva, deben de poder facer estes cursos sempre que queden prazas valeiras.

Galego superior por teleformación.

Valorar a antigüidade por anos, meses e días e non por trienios.

Elección do profesorado:

Os formadores serán preferentemente funcionarios de xustiza, sempre que reúnan os requisitos esixidos.

Formación de acollida:

Establecer unha formación permanente para o persoal que ven destinado á nosa Comunidade Autónoma, o que cambia de xurisdición e para o persoal interino que nunca prestou servizs na Administración de Xustiza.

Ciclos formativos:

Ciclos formativos para as especialidades de civil, penal, contencioso-administrativo, laboral e informática.