Acción Social. Listaxes provisionais


13 oct 2011





A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos a seguinte comunicación:

Á espera da publicación no DOG da Resolución pola que se lle dá publicidade ás listaxes provisionais de admitidos e excluídos do FAS, achégamos as listaxes do programas I e II para o voso coñecemento, así como unha táboa co resumo do total das solicitudes.

En aplicación da Lei de protección de datos non lle daremos publicidade ás devantidades listaxes nesta web, pero podes consultalas nos nosos locais sindicais ou dirixíndote aos nosos delegados.

En relación coas causas de exclusión que aparecen nas listaxes provisionais dos programas de acción social, deberán terse en conta as seguintes consideracións:

No programa II- estudos funcionarios- aparecen un número importante de excluídos por non xustificar debidamente, segundo a administración, as matrículas.

Para emendar este problema os traballadores deben remitir orixinais ou cando menos copia da matrícula co recibo bancario do pagamento da matrícula.

No Programa IV. Os certificados médicos acreditando a intolerancia á lactosa e a celiaquía expedidos hai máis dun ano non os consideraron validos. Para os que padecen a enfermidade de Crohn a expedición do certificado non pode superar os 5 anos.

A publicación no DOGA será a semana que vén.

O prazo para presentar alegacións será de 15 días NATURAIS, a partir da súa publicación.