Na páxina web da Escola Galega de Administración Pública poden consultarse as relacións de persoas admitidas aos cursos medios de linguaxe xurídica galega (3 edicións) para o persoal da administración de Xustiza destinado fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os cursos, de 15 horas, desenvolveranse do 26 de setembro ao 2 de decembro e impartiranse na modalidade de teleformación.