Formación: Cursos de linguaxe xurídica galega


27 jul 2011





En relación coa convocatoria dos cursos de linguaxe xurídica galega, niveis medio e superior, para o persoal da administración de Xustiza destinado en Galicia, pola Escola Galega de Administración Pública infórmasenos de que a convocatoria xa foi remitida ao Diario Oficial de Galicia e que se publicará nos próximos días.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 10 días a partir do seguinte á publicación, sen que o devandito prazo se interrompa durante o mes de agosto (para estes efectos, o mes de agosto é hábil)