Convocatoria de cursos de formación


16 jun 2011


Nota informativa da EGAP



En relación coa convocatoria dos cursos de formación para o persoal de Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública remitiunos a seguinte comunicación:

Comunícovos que o vindeiro luns, día 20 de xuño, publicarase no DOG a convocatoria dos cursos para o persoal da Administración de Xustiza. O prazo para solicitar os devanditos cursos é de 10 días naturais a contar dende o día 20.