Cantabria.Comisións de servizos. Adxudicación provisional


14 abr 2011


Publicado na páxina web do Goberno de Cantabria

Hoxe publicouse na páxina web do Goberno de Cantabria a Resolución de 13 de abril de 2011, do Director Xeral de Xustiza, de adxudicación provisional dos postos de traballo vacantes ou sen titular convocados a provisión temporal mediante o sistema de comisións de servizo, convocadas por Resolución do 2 de marzo de 2011

Na resolución disponse que se poderán realizar alegacións no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, preferentemente vía fax

Achegamos enlace ao publicado na web do Goberno de Cantabria para consulta da Resolución e dos listados de adxudicacións provisionais