EuFalo.TV


27 ene 2010


 

EuFalo.TV axuda a ilustrar a situación da lingua galega

 

eufalo.tv-b02ed

Publicado en www.codigocero.com

 

O vídeo na Internet continúa a avanzar con forza, tomando un carácter de seu en espazos coma o novo EuFalo.TV, que é un proxecto de documental colaborativo, que busca contar unha historia sobre a lingua dende o punto de vista dos seus falantes, que mediante distintas pezas contribuirán a esta obra en desenvolvemento na que xa podemos colaborar e que irá pondo «caras ao Mapa Sociolingüístico de Galicia».

Esta nova plataforma audiovisual é obra de A Navalla Suízacoa colaboración de Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros, e foi posible en boa medida grazas a unha subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) por valor de 15.000 euros.

Os usuarios que queiran achegar as súas propias pezaspara este proxecto poden facelo sen moitos recursos, e incluso están a preparar a posibilidade de poder participar en EuFalo.TV a través de cámara web.