Licenzas por enfermidade común


7 oct 2009


Oct07
Xustiza pretende contratar o control da incapacidade temporal por enfermidade común cunha mutua

 

Remitido por CCOO de Justicia

 

CCOO confederal

 

Ademais da unificación do sistema pola mesma mutua, pretende atribuír a FREMAP o control das baixas por incapacidade temporal por enfermidade común.

As funcións que asumiría a Mutua ao respecto son, basicamente:

  • Xestión do subsidio por IT por enfermidade común a partir do 16º día de baixa, en lugar do INSS.
  • Prestación sanitaria a partir do 16º día de baixa, con consentimento do traballador/a, e condicionada á existencia de lista de espera no sistema público.
  • Revisión do estado de saúde do traballador/a mentres dure a baixa. O traballador non pode negarse, pois a negativa infundada pode dar lugar á proposta de alta.
  • Posibilidade de realizar unha proposta de alta médica á inspección da Seguridade Social.

CCOO oponse porque baixo a escusa dun mellor control da calidade asistencial dos traballadores, a experiencia indica que o que se pretende é o control da duración das baixas premendo os traballadores para que collan a alta médica cun afán mercantilista e de rendibilidade económica para un servizo que debe ser público.

 

_