Xustamente, en galego


19 nov 2008


Nov19
O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela presenta unha nova campaña de promoción do uso do galego entre a avogacía

Fonte: ICA Santiago

xustamente_en_galego

“Xustamente, en galego” é o título da nova campaña que pretende reflexionar acerca dos usos lingüísticos que acotío se veñen desenvolvendo nas relacións entre a cidadanía e a Administración de xustiza.

A campaña contará con carteis divulgativos que se estenderán principalmente polos espazos relacionados co ámbito da xustiza: xulgados, facultades de dereito, colexios de avogados, etc. Ao mesmo tempo, na páxina web do colexio de avogados ofrecerase un apartado onde as persoas interesadas poderán deixar o seu “motivo” polo que incrementar o uso do galego no ámbito da xustiza.