Unha reportaxe de Antena3: Xulgados de violencia de xénero


10 jul 2008




Xul10

Así traballan os xulgados contra a violencia de xénero








Para ver o vídeo, preme aquí





 Os xulgados de violencia de xénero



A violencia de xénero é unha realidade constante en España. Aos xulgados de garda contra a violencia de xénero chegan cada día múltiples denuncias de presuntos malos tratos. Os reporteiros de 'A Fondo' móstrannos como funciona estes xulgados.



Tras asignarlle un avogado de oficio, o presunto maltratador  declarou ante a xuíz de garda e defendeuse argumentando que a vítima se cortou cun cadro que caeu. "Recórdoo perfectamente porque estiven a limpar as feridas no bidé", sinala o presunto agresor. Ademais, xustifícase alegando que ambos os dous estaban ebrios cando se produciu a discusión.



Por outro lado, a súa parella espera para declarar e ofrecer a súa versión dos feitos. A muller conta que ten medo e que as principais ameazas do presunto agresor ían dirixidas ao seu fillo. A xuíza que instruíu o caso advirte aos reporteiros de Antena 3 da complexidade deste tipo de casos: "Córrese moito para protexer pero non sempre se adoptan as medidas correctas. Non é un estanco no que se pide un impreso e automaticamente concédese", sinala.



Escoitadas ambas as dúas partes, a xuíza dita orde de afastamento e o nome do presunto agresor introdúcese no rexistro central de violencia de xénero. Esta é tan só unha das cincocentas causas penais abertas neste xulgado.