O caso dos croissants


14 may 2008


Mai14
A Xunta gastará máis de 4.494 euros na defensa de sete mozos que se enfrontan a sete meses de prisión por subtraer dez bolos nun bar tras unha noite de festa


Noticia publicada o día 14 de maio no xornal LA VOZ DE GALICIA

"Sete mozos vigueses viven un pesadelo logo de ser pillados nas patacas cando, supostamente, roubaban dez croissants tras rebentar o enreixado dunha bocatería de Vigo. Por isto, enfróntanse agora a unha condena de sete meses de cárcere.

Podería pasar por un caso práctico para un exame de Penal da Facultade de Dereito. Pero non se trata dun exercicio académico para distinguir entre furtar unha torta coa fiestra aberta ou roubala se está pechada. é un preito real que se libra nos xulgados de Vigo e que mobilizou a sete avogados e os seus respectivos procuradores.

A contía do botín non supera os 10 euros, pero as arcas autonómicas deberán abonar máis de 4.494 euros en total aos catorce xuristas de oficio que asisten gratuitamente aos implicados. «Custan máis as horas que pago de aparcadoiro mentres espero nos corredores que o valor dos croissants. ¿Quen non lle roubou mazás ao cura do pobo?», queixábase onte unha letrada de oficio. Cada un percibirá da Xunta un mínimo de 321 euros por este procedemento penal abreviado, que xa dura case dous anos.

Todo empezou ás cinco da madrugada do 22 de setembro do 2006. Catro mozos que volvían dun partido de fútbol recolleron na súa furgoneta a tres amigos que saían de copas e que caeron na tentación de almorzar unha bandexa de croissants que un repartidor deixou tras o enreixado dunha bocatería da rúa de Tomás Alonso, en Vigo.

O xuízo suspendeuse onte ata o 17 de setembro porque a policía non localizou a unha testemuña crave que debía declarar contra os tres implicados, a quen gritou cando levantaban o enreixado. Estes fuxiron no seu furgón, pero a policía interceptounos e enviounos unha noite ao calabozo. Un fora multado tres meses antes por roubo e, ao ser reincidente, a Fiscalía pide para el dez meses de cárcere.

«Chiquillada»

A lexión de avogados que acudiron onte ao xuízo que se ía a celebrar no Xulgado do Penal número 2 de Vigo intentaron alcanzar un acordo para exculpar aos catro mozos que quedaron dentro do furgón, pero o fiscal non aceptou. Os letrados argumentan que, en realidade, os mozos tampouco cometeron un delito, senón unha falta leve de furto. Baséanse en que o dono sempre deixa entreabierta a persiana para que o repartidor meta facilmente a bandexa pola noite e que os mozos, como non chegaban coa man, usaron un pau nese oco para enganchar as pezas.

A Fiscalía asegura que os repartidores adoitan levar chaves do local e que ten testemuñas que viron a tres mozos levantar a persiana metálica do bar, a cal violentaron e desencaixaron. Admite que quizais foi unha «chiquillada de xente que fai unha graza», pero recorda que a diferenza entre furto e roubo é o uso da violencia, sen importar o valor do botín.

O propietario, que non presentou denuncia, botou en falta dez bolos industriais que non apareceron. Por iso, o fiscal afirma que é un roubo en grao de tentativa, xa que a policía tampouco achou faragullas no furgón. Isto expón outro debate legal: a Fiscalía advirte que se queda probado que os sospeitosos se comeron polo menos un croissant, podería acusalos de roubo consumado por facer uso da mercancía sen que poida ser restituída. O castigo incrementaríase dun a tres anos de cárcere."

Fonte: E. Vázquez Pita - La Voz de Galicia