Instrución do TSXV sobre a adopción de medidas para a protección de datos de carácter persoal con ocasión da práctica de actos de comunicación de forma persoal

Como xa informamos no noso
boletín informativo número 3, do 19 de maio de 2008, a Axencia Española de Protección de Datos iniciou un expediente sancionador contra un xulgado de primeira instancia por entregarse ao efectuar unha notificación unha serie de documentos, sen sobre pechado, ao porteiro do edificio onde residía unha das partes nun proceso civil.
Agora, o Tribunal Superior de Xustiza do País Valenciá emitiu unha Instrución sobre a adopción de medidas para a protección de datos de carácter persoal con ocasión da práctica de actos de comunicación de forma persoal, que, polo seu interese, ofrecemos para a súa descarga na ligazón que se indica deseguido.

Para descargar o arquivo, preme
aquí.