Mar17

Numerosos estantes das devanditas dependencias atópanse en mal estado, deteriorados, oxidados, dobrados polo peso e, polo tanto, non aptos para o fin encomendado. E, o que é máis grave, sen ningún tipo de suxeición á parede nin entre eles, polo que o risco de que se volva producir un feito como acontecido é moi probable, sen que por parte da administración, coñecedora do estado das dependencias así como do sinistro, se adoptara ningunha medida ao respecto: é máis, o estante atópase no mesmo estado que cando aconteceron os feitos.
Por parte da Consellería incúmprese tanto a Lei de Prevención de Riscos Laborais, que fixa os principios xerais de tutela da sáude e garante a seguridade e saúde dos traballadores ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo mediante a adopción de cantas medidas sexan necesarias, así como a obriga de avaliar os riscos e de organizar os recursos para a súa prevención.
Por todo iso, a delegada de prevención de CCOO de Xustiza presentou perante a Inspección de Traballo de Pontevedra unha denuncia contra a Dirección Xeral Xeral de Xustiza, por posible infracción da normativa de prevención de riscos laborais, na que se solicita:
"[que se] compruebe la veracidad de la misma practicando la oportuna visita a dichas dependencias a la mayor brevedad y actuando como en justicia corresponda, levante la correspondiente Acta de Infracción si procedente, teniéndome por parte a todos los efectos en mi condición de interesada y notificándome el resultado de las gestiones. Para facilitar con mayor detalle a la Inspección de Trabajo los funcamentos de la presente denuncia, interesa la firmante que se me comunique el momento en que se proceda a la inspección, todo ello de conformidad con lo previsto en el artículo 40.2 de la LPRL."