Apertura pola tarde dalgúns Rexistros Civís


1 feb 2008


Feb01
Apertura polas tardes dos Rexistros Civís de A Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra



Tralas alegacións feitas polas organizacións sindicais, a Consellería presentounos a que podería ser redacción definitiva da Resolución pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas de Rexistro Civil de A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

A prestación do servizo por parte dos funcionarios será voluntaria (artigo 4º), incentivada económicamente (artigo 7º) e coas correspondentes compensacións horarias (artigo 6º).

Serán dous funcionarios por Rexistro os que prestarán o servizo en xornada vespertina de luns a venres e sábados pola mañá.

No caso de non reunirse o número mínimo de integrantes para formar as quendas, poderá ofertarse a posibilidade de intregrar as devanditas quendas aos funcionarios que presten os seus servizos nos xulgados de primeira instancia do mesmo partido xudicial.

As funcións a desenvolver serán, exclusivamente, as de recollida de solicitudes ou documentación, entrega de documentación preparada e información e atención ao cidadán.

Por CC.OO. reiterarase á Consellería a necesidade de dotar aos Rexistros Civís de documentos informativos dos distintos trámites para a súa entrega aos cidadáns.