Traxectoria profesional : apertura do prazo para presentar solicitudes o día 02/03/2026


25 feb 2026


 






    A Dirección Xeral de Xustiza informa a CCOO e ao resto de organizacións sindicais que o  02.03.2026 comezará o prazo de presentación de solicitudes da traxectoria profesional conforme ao previsto na RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

    O prazo é de 30 días hábiles (ata o 15.04.2026) para todos os graos e para todos os corpos.

  O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es