Con data 18/02/2026 publicouse na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería , a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria .
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 19 de decembro de 2025.
. - Para ver a Resolución completa, preme aquí
