Novas resolucións de comisións de servizo e de substitucións : máis imposición que negociación


5 dic 2025







A raíz de dous procedementos xudiciais interpostos por dúas organizacións sindicais, que dende CCOO non compartimos e que tombaron unha regulación que satisfacía á maioría do cadro de persoal ,a Dirección Xeral de Xustiza , achega trala mesa sectorial celebrada o pasado día 02/12/2025 as novas resolucións de comisión de servizos e substitucións, aproveitando esta modificación para impor máis restriciónns, sen ter en conta as alegacións feitas por CCOO e o resto de OOSS e habilitando un prazo de tres días hábiles por se se identifica algunha errata ou erro material nos textos, antes da súa publicación definitiva .

. - Para ver a nova proposta de  resolución que regulará as Comisións de servizo, preme aquí

. - Para ver a nova proposta de resolución que regulará  as substitucións, preme aquí