Con data11/06/2025 saiu publicada na Intranet de Xustiza e na páxina web da Consellería, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se deixa sen efecto a convocatoria do 28 de maio de 2025, pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.
O 28/05/2025 ofertouse para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución entre persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, un posto do corpo de xestión procesual e administrativa no Xulgado de Paz de Cerceda por causa dunha licenza por enfermidade.
Procede deixar sen efecto a convocatoria do dito posto por cambiar as circunstancias que a motivaron por consecuencia da resolución do concurso de traslados convocado pola Resolución do 16 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza.
- Para ver a resolución completa ,preme aquí