Mesa sectorial 2 de xuño. Fase III tribunais de instancia


3 jun 2025






  •  CCOO cualifica a proposta da Dirección Xeral como difusa e contra os dereitos laborais do cadro de persoal da Administración de Xustiza. 

 

  • No día de onte tivo lugar Mesa sectorial de Xustiza, onde se avanza nas propostas da Administración para a Fase III, que vai afectar aos partidos xudiciais das sete grandes cidades, cos seus rexistros civís e oficinas municipais dependentes. 

 

O único claro é que a Xunta está neste caso a facer un seguidismo da desfeita que o Ministro de Xustiza está a facer con nós, coa maior agresións aos dereitos laborais dos funcionarios de xustiza na historia da democracia, e rendendo pleitesía ao secretarios coordinadores que son quen están a ditar realmente a composición dos órganos e as funcións que imos desenvolver. 

 

Para CCOO os aspectos negativos máis salientables son: 

  • - Que existen protocolos de actuación desenvoltos polos LAX dos que non se nos traslado e que determinan que número de funcionarios tramitan e cantos pasan a execución. 

  •  
  • - Que se recupera a figura obsoleta da libre designación, é dicir, persoal a dedo para tarefas non xurisdicionais que, ademais, se detrae das oficinas. 

  •  
  • - Desaparece o servizo de apoio e os decanatos. 

  •  
  • - Non se recoñecen, malia a proliferación de xefaturas de equipo, equipos estruturais, o que facilitaría a mobilidade pola creación de máis centros de destino. 

  •  
  • - Créanse xulgados de violencia comarcalizados en Santiago e Ourense, o que redunda nun peor servizo público. 

  • Os maxistrados do Xulgado de Instrución 8 tanto de Vigo como da Coruña quedan reconvertidos en VSM pero sen incremento de plantillas, o que producirá o conseguinte efecto embudo e sobrecarga de traballo sen compensación. 

  •  
  • - Os complementos específicos recollidos para as xefaturas son escasos e os méritos requiridos están sen desglosar, o que abre a porta a nomeamentos encubertos de forma opaca. 

  •  
  • - As confirmacións continúan o modelo da non voluntariedade, para o que non existe un motivo fundamentado para non deixar ao traballador a exercer os seus dereitos. 

  •  

 

Dende CCOO nas nosas alegacións defenderemos que as competencias que ostenta a Xunta de Galicia son suficientes para paliar o brutal impacto que a nova lei vai ter nos nosos dereitos, coa creación de equipos de traballo, garantías retributivas e mantemento do emprego.