EGAP: convocatoria de actividades de formación continua


27 may 2025




Con data 27/05/2025 publícase no DOG a Resolución  do 26 de maio de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 3 de xuño de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

  - Relación de cursos de formación ofertados para o   persoal ao servizo da administración de Xustiza (Anexo II)

. FC25115  Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice base)

. FC25118  Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

. FC25204 Competencia e dereito da unión europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública


  
Para ver a resolución completa, preme aquí