A Dirección Xeral de Xustiza mantivo onte, 30 de maio, unha reunión con CCOO e o resto de organizacións sindicais co fin de trasladar unha problemática que se intuía e por fin, desgrazadamente, convertiuse nunha realidade: non hai prazas suficientes para os abrobados do último proceso de Xestión Procesual. Das 90 prazas que se ofertaron en Galicia por parte do Ministerio, a Xunta unicamente pode ofrecer 72 como desertas, debendo ofertar 18 en adscripción provisional, co que iso implica en canto á obriga de concursar aos adscritos no primeiro concurso que se celebre.
Achegamos en adxunto as 72 prazas que figuran xa como desertas e que serán inamovibles, quedando as outras 18 aínda por determinar e das que informaremos cumpridamente no momento en que se escollan pola administración, pendente das últimas xubilacións e de non quebrar as expectativas de traslado de persoas con maior antigüidade.
Dende CCOO instamos a unha maior coordinación entre Ministerio de Xustiza e Xunta de Galicia para evitar que situacións como esta se reproduzan, xa que xeneran distorsións e frustración de dereitos tanto aos recén nomeados como a persoas que teñen xa consolidado o seu destino.
Neste proceso está pendente unicamente a proba da lingua en Euskadi, polo que é de prever que a toma de posesión non sexa ata despois do verán, unha dilación inasumible e sen motivos de peso, e pola que se deberan esixir responsabilidades ao Tribunal calificador único.