MESA SECTORIAL 17 DE XANEIRO DE 2024


18 ene 2024







No día de onte, na EGAP, en Santiago de Compostela estaba convocada mesa sectorial de xustiza, cunha longa orde do día, demasiado para unha soa mañá, na que empregouse a vella fórmula de tempos pasados que utiliza a administración: a política dos feitos consumados tamén chamada o rodillo. 


As alegacións e observacións presentadas por CCOO e o resto de organizacións sindicais foron respondidas cun “tomamos nota” e confirmando que publicaranse as diferentes ordes e instrucións considerando aquelas que consideren oportunas, sen que houbera unha interlocución ou diálogo real, sen vontaden negociadora en resumo.


Isto é consecuencia da falta dun traballo previo, da convocatoria de mesas de traballo previas ás mesas onde se poida por en común o que ten consenso e achegar posicións no que nos separa da administración co fin de chegar a un acordo que elevar a mesa sectorial, isto é a negociación real que a día de hoxe non existe.


Traxectoria profesional


Abrirase un novo grao extraordinario para aqueles que non puideron acceder nas anteriores convocatorias aos graos I e II.


Dende CCOO consideramos que deben ter fin estas convocatorias e deixarse xa un modelo ordinario e aberto, sen prazos, de forma que se poida acceder en canto se cumpran os requisitos.


Si foi aceptado ampliar o prazo de cumprimento dos méritos e requisitos a 31 de marzo de 2024, pero non variar as porcentaxes de pagamento, coa escusa de ser unha imposición de función pública, quedando as anualidades nun 20% 20% 60%, discriminatorio cos que accederon en convocatorias anteriores (60-20-20)




Calendario laboral


Por CCOO faise notar que sen un regulamento de mesa non existe negociación, preséntase un calendario como punto na orde do día recalcando que ese punto é decisorio. O calendario laboral non ten sentido mentres non se acutalice a orde de permisos e licencias, totalmente obsoleta e que a falta de negociación está a menoscabar os nosos dereitos laborais.


A administración comprometeuse a estudar dúas alegacións de CCOO: que o horario flexible se estenda dende as sete da mañá ata as oito da tarde, computando a fichaxe como tempo traballado e a eliminación da obrigatoriedade de gozar de 15 días de vacacións na tempada de verán.


Bolsa de interinos de médicos forenses


CCOO comparte a urxencia da regulación desta bolsa, pola escaseza de profesionais para atender ao servizo, e reservouse o dereito a facer alegacións no prazo ordinario, pois vai ser tratado coma unha orde, con informes xurídicos, exposición pública e prazo de alegacións.


Quendas Rexistro Civil


CCOO esixiu unha actualización das contías, xa que non se actualizan dende o ano 2013, e cando menos, demanda unha actualización co IPC dende ese ano, o que suporía un incremento do 19,7%, ao igual que subiron o resto de conceptos retributivos. “Tomamos nota” foi a resposta da administración.


Creación de prazas 2024


Coas necesidades e demandas perentorias e urxentes na administración de Xustiza, a Xunta unicamente pon enriba da mesa a creación de 8 novas prazas, unha de xestión, seis de tramitación e unha de auxilio e descarga nas OOSS a proposta de que órganos priorizar. CCOO fará unha proposta, aínda que con este número raquítico en ningún caso vai solucionar os problemas dos Xulgados de Violencia, algúns mercantís, xulgados mixtos e tantos outros que están completamente saturados por falta de medios persoais e materiais.


Modificación da RPT das fiscalías


Neste punto demandamos o cumprimento das ratios de un funcionario por fiscal, que non se cumpre en ningunha das fiscalías e que case é escandaloso en lugares como Ourense.


Tamén, polos problemas derivados en épocas vacacionais, que os coordinadores e encargados de estatística poidan facer gardas.


En rogos e preguntas instamos a unha regulación uniforme dos servizos de apoio dos decanatos, xa que foron creados para liberar a sobrecarga dos xulgados ante o incremento das videoconferencias por exhorto, e nalgunhas cidades como A Coruña non se está a cumprir debidamente este cometido. A Xunta derívanos ante os secretarios coordinadores, polo que dende CCOO ante a falta de resposta manteremos unha reunión co secretario de goberno para abordar esta problemática.