Ante a proposta formativa remitida ás organizacións sindicais, CCOO en mesa de traballo reiteramos , un ano máis a necesidade de coñecer cal é o orzamento
destinado a dita formación, o custo de cada curso feito neste último ano ,
datos todos eles esenciais á hora de facer unha proposta formativa real para o
vindeiro ano2024 . Outro dato que consideramos importante ,e tamén descoñecemos
,é o número de aqueles solicitantes que abandoaron os cursos antes do seu
remate e a valoración global de cada curso.
Dito o anterior desde CCOO,
propoñemos:
.- Continuar estruturando en Módulos os cursos de
cada xurisdición, engadindo novos cursos que engloben as reformas
lexislativas.
.- O incremento do número de
edicións e de prazas ofertadas para os cursos de linguaxe xurídica galega do
nivel medio e superior, tanto para o persoal pertencente á Comunidade
Autónoma Galega como para o persoal de fóra da nosa Comunidade.
.-Consideramos
imprescindible que se manteña a oferta de cursos de formación
específica en materia de violencia de xénero e igualdade efectiva de homes e
mulleres , xa que se entende que as administracións están obrigadas a levar cabo
esta formación en cumprimento de Pacto do Estado contra a violencia de xénero,
e demandamos un curso específico enfocado á elaboración e implantación de planes
de igualdade na Administración de xustiza.
.- Que se manteñan os cursos sobre protección de datos e sobre a
implantación do expediente xudicial electrónico.
.-Reducir
a porcentaxe mínima de demanda de cada curso ao 75% que determinaria
a eliminación do curso.
.-Cursos
sobres as novas reformas procesuais que permitan aos funcionarios de
xustiza actualizar os sues coñecemntos procesuais en función das reformas
aprobadas.
CCOO propón
ademáis as seguintes accións formativas para integrar no plan de formación para
o ano 2024 :.
.-O Ministerio Fiscal e a actividade extra procesual no ámbito da
investigación (circular 2/22 do 20 de decembro da Fiscalía Xeral do Estado ,que
entró en vigor no mes de xaneiro de 2023)
-.Discriminación, delitos de odio y LGTBIfobia: trascendencia
na administración de xustiza nos aspectos sustantivos, procesuais,
organizativos e asistenciais. Atención as vítimas no proceso penal e,
especialmente, as vítimas de delitos de odio e delitos sexuais.
-. Desarrollo de habilidades sociais
na atención ao público na Administración de xustiza. Relación cos
usuarios. Técnicas de organización, planificación e xestiòn de equipos de
traballo. Habilidades de comunicación y técnicas para a mellora da
comunicación. Uso da linguaxe xestual e corporal. Linguaxe non sexista.
CNV(comunicación no violenta) Prevención de conflictos internos e externos nos
órganos xurisdicionais. Prácticas preventivas ante a agresión para o persoal de
atención ao público.
-.Seguridade Social. Réxime xeral da Seguridade Social e Sistema Nacional
de Clases Pasivas na Administración de xustiza con especial referencia ao
cálculo de pensións por xubilación e incapacidade.Mutualismo Administrativo. A
Mutualidad xeral xudicial. Organos de Goberno. Dereitos e deberes dos
mutualistas. Prestacións e axudas para mutalistas e beneficiarios.
.- Protección ás vítimas de violencia de xénero.
.-Dereito á igualdade entre mulleres e homes. Ley Orgánica 3/2002 ,de 2 de marzo para
a igualdade efectiva entre mulleres e homes. Igualdade de Xénero nas
administacións públicas. Elaboración de
Plans deI gualdade . Plans de igualdade na Administración pública e nos
servizos públicos, acoso laboral e sexual.
.-Ley 8/2021, claves da reforma civil e procesal para o apoio ás
persoas con discapacidade. Xurisdiccción voluntaria, disposición
xerais e especial referencia aos expedientes de xurisdición en materia de
persoas e familia.
-.Novo modelo de Rexistro Civil. Modificacións normativas.
Impacto do sistema de xestión DICIREG, cambio orgánico, estrutural, funcional e
competencial, impacto da reforma da lexislación civil e procesual para o apoio
das persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica (Ley
8/2021)
.-Novas tecnoloxías nas
salas de vistas e videoconferencias.