Substitución entre titulares: publicada a adxudicación das prazas ofertadas o pasado 19/09/2023


26 sept 2023








Con data 25/09/2023 publicouse na intranet de xustiza a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución.

Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.

 Para ver a resolución completa , preme aquí