Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante o sistema de substitución entre titulares


20 sept 2023






Con data 19/09/2023 saiu publicada na intranet a resolución da Dirección Xeral de Xustiza  pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.


O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web opax.xunta.es


O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.


 Para ver a resolución completa, preme aquí