Novos avisos de prazas para a súa cobertura mediante o sistema de substitución entre titulares


12 jul 2023


 








Publicouse na intranet de xustiza con data 12/07/2023, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para súa provisión mediante o sistema de substitución entre titulares.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.

 Para ver a Resolución completa, preme aquí