Concurso de traslado 2022: documentación e trámites necesarios


8 mar 2023


 






Na intranet de xustiza , publícase hoxe a documentación e os trámites necesarios para as tomas de posesión derivadas do concurso de traslado 2022.


  1. Persoal procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Fotocopia do DNI.
  • Cesamento.
  • Certificado ou copia dos trienios recoñecidos.
  • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios), que achegamos para a súa descarga.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o núm. de afiliación da Seguridade Social (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta da Muxexu.
  • Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados na Administración da que procedan. A certificación deberá indicar os días de vacacións e asuntos particulares correspondentes a 2022 que, de ser o caso, estean pendentes de gozar por razóns xustificadas.
  • Modelo 145, que achegamos para a súa descarga.
  1. Persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia
  1. Persoal que obtén destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

O persoal que obteña un novo destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario. Tamén deberá facer entrega desta no caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos. Así mesmo, no caso de contar coa tarxeta de identificación especial por razón do destino que viña desempeñando, deberá devolvela ao servizo de persoal correspondente.


Teléfonos das habilitacións (delegacións e xefaturas provinciais)

  • A Coruña: 981 182 571
  • Lugo: 982 294 311
  • Ourense: 988 386 012
  • Pontevedra: 986 817 003